Fonoteca

A Fonoteca do CMUS Manuel Quiroga reúne arredor de XXX rexistros fonográficos en soporte CD.

Estes fondos poden escoitarse na sala empregando os equipos de reprodución de que dispón a Biblioteca. Do mesmo xeito, poden ser emprestados por unha duración de 15 días.

Para poder facer uso dos fondos da Fonoteca cómpre dispoñer do carné de usuario da Biblioteca. Cando un usuario estea interesado nun CD, debe seleccionar a caixa do estante correspondente e a continuación dirixirse ao encargado da Biblioteca nese momento, quen formalizará o préstamo entregando o CD físico correspondente.