A maior parte do material impreso, que comprende libros e partituras, así como material sonoro e audiovisual, en soporte CD/DVD, pode ser emprestado por un período de ata quince días cun máximo de tres materiais por usuario/a.
As enciclopedias, dicionarios e revistas non son obxecto de préstamo, isto é, só poden ser consultados na sala.
Para solicitar unha partitura, libro, CD ou DVD en préstamo, o usuario/a debe coller o correpondente material do estante e dirixirse ao encargado/a da biblioteca nese momento, quen formalizará o empréstito.