Todos os fondos dispoñibles na Biblioteca poden ser consultados en sala.
No caso de material impreso (libros, partituras, enciclopedias, revistas) o usuario/a poderá coller directamente o material do estante para a súa lectura/consulta. Cando finalice, deberá depositar o material na súa ubicación orixinal.
No caso de material sonoro e audiovisual (CD’s, DVD’s), o usuario/a dirixirase ao encargado/a da Biblioteca nese momento coa referencia que desexa escoitar/visualizar. O encargado/a facilitaralle o correspondente material. Cando finalice, deberá entregar o material ao encargado/a da Biblioteca nese momento.