A Biblioteca do CMUS Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra ofrece aos usuarios a posibilidade de consulta de material en sala e empréstito de fondos catalogados. Para poder facer uso dos servizos de empréstito cómpre dispoñer do carné de usuario da Biblioteca.
Os materiais impresos (libros e partituras) están catalogados e colocados por especialidade nos respectivos estantes, facilitando o seu acceso. A Biblioteca dispón, ademais, de sección de Fonoteca (gravacións sonoras), Hemeroteca (publicacións impresas) e Videoteca (obras en formato audiovisual).
A Biblioteca conta con amplas mesas de estudo, tres postos de ordenadores con conexión a internet e unha zona de Club de Lectura equipada de sofás, minicadena e proxector.
A Biblioteca desenvolve actividades complementarias como o Club de Lectura e o CineClub.