a) Todos os membros da comunidade escolar do Conservatorio teñen acceso libre ás dependencias da biblioteca. Os usuarios acreditados poderán facer uso de todos os servizos.
b) Poderanse prestar a domicilio todas as obras coas seguintes excepcións:
i. As enciclopedias e dicionarios e en xeral as obras de consulta de uso frecuente
ii. Ás obras que polas súas características especiais queden excluídas de préstamo por decisión do responsable da biblioteca ( reperorio de banda e orquestra).
c) Para acceder ó servizo de préstamo cada usuario debe proverse do carne que se obtén cubrindo a correspondente solicitude na conserxería do centro.
d) O préstamo será por un período de 15 días e de tres libros simultaneamente como máximo, prorrogables a petición do usuario, e se as necesidades do servizo o permiten.
e) Toda demora na devolución, deterioro ou perda do libro poderá ser obxecto de sanción obrigando no seu caso ao usuario a satisfacer os gastos derivados da reparación ou reposición. A sanción poderá implicar a suspensión do dereito a préstamo por un tempo determinado segundo a seguinte gradación:
i. Por retraso na devolución igual ou superior a 15 días ou tres atrasos de duración inferior a 15 días: 1 mes.
ii.Por reincidencia no anterior: 2 meses.
iii. Por segunda reincidencia no anterior: 3 meses.
iv. Por retraso superior a mes e medio: 2 meses.
v. Por reincidencia no anterior: 3 meses.
f) No caso de incumprimentos que excedan o indicado no punto anterior, así como no caso de que se causasen danos no material ou mobiliario da biblioteca de xeito intencionado, a coordinación da biblioteca poderá propoñer á dirección do centro a suspensión do dereito de acceso á biblioteca. Neste caso a dirección do centro iniciará o correspondente procedemento sancionador que concluirá coas medidas que correspondan, podendo acordarse a suspensión definitiva para o curso do dereito de uso do servizo de biblioteca.
g) O usuario que non manteña as condicións debidas de comportamento propias dun lugar de estudo, ou poña en perigo as instalacións por comportamentos inadecuados, poderá ser expulsado da biblioteca, sen prexuízo dos procedementos sancionadores que correspondan.